O Samsung Galaxy S10 5G é o smartphone con mellores cámaras do mercado
mércores, 17 de abril do 2019
AÃnda que semellaba que Huawei tiña garantido o liderado nas
cámaras de smartphones, este ano non están a pórlle as cousas doadas, e Samsung
está a conseguir superar ao fabricante chinés cos seus últimos móbiles
insignia, e ao igual que cando saÃu o Galaxy S10+ conseguiu igualar en
puntuación de cámara traseira ao Huawei Mate 20 Pro e destacar coa mellor
cámara frontal do mercado, tras o lanzamento do Huawei P30 Pro mudaran
lixeiramente as tornas até que o Samsung Galaxy S10 5G pasou polos laboratorios
de DxOMark e conseguiu
igualar en puntuación da cámara traseira ao P30 Pro e superar
incluso na cámara frontal ao S10+, ou sexa, que convértese
no smartphone lÃder en cámaras e incluso consegue marcar o fito de ter a
primeira cámara de smartphone que supera a puntuación de 100 en vÃdeo (cómpre matizar
que as puntuación de DxOMark non teñen un valor máximo).
O Samsung Galaxy S10
5G non se diferencia dos seus irmáns polo feito de contar con conectividade
móbil 5G, senón que tamén engade un sensor de profundidade ás 3 cámaras
traseiras, o que supón unha lixeira mellora destas xa excelentes cámaras, salto
que resulta suficiente para que este teléfono quede sen rivais a nivel de
cámaras.
Cómpre salientar que o Galaxy S10 5G non é un dispositivo que vaiamos atopar de
xeito doado no mercado, xa que as redes 5G aÃnda non están en fase comercial,
de xeito que principalmente será un dos poucos smartphones que as compañÃas de
telecomunicacións empregarán nos seus programas pilotos para ir probando sobre
o terreo a vindeira xeración de telefonÃa móbil que pretende ser realidade en
2020.