O Samsung Pixon 12 chega á ducia de megapíxeles na súa cámara

luns, 1 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Para este mes agárdase a chegada do novo móbil Samsung Pixon 12, que sería o primeiro terminal en incluír unha cámara de 12 Mpíxeles (capaz de gravar vídeo a 720 x 480 píxeles de resolución a 30 cadros por segundo) e unha pantalla táctil AMOLED de 3,1 polgadas, converténdose no máis parecido a unha cámara dixital que haberá no mercado, aínda que non por iso deixará de ter conectividade HSPA, GPS e radio FM con RDS.
No tocante á cámara, ten unha lente de grande angular de 28 mm, foco automático, selección de ISO automática, flash de xenon, recoñecemento de caras, estabilizador de imaxe e incluso acceso ao servizo SharePix para poder integrarse con Facebook, Picasa e Flickr.

PUBLICIDADE