O Samsung U4 chegará ao mercado en agosto

mércores, 16 de xullo do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 32.6 KB

O reprodutor Samsung U3 xa ten sucesor, e o vindeiro 7 de agosto o mercado asiático dará a benvida ao Samsung U4, un reprodutor con pantalla OLED de 1 polgada e teclas táctiles que se venderá en capacidades de 2 e 4 Gb a 89 e 129 dólares de Singapur respectivamente (uns 41,79 e 60,56 euros).
O novos reprodutores reproducen MP3, WMA e Ogg Vorbis, e aproveitan o seu pequeno tamaño como atractivo, superando a terminais coma o iPod shuffle polo mero feito de que na súa pantalla se pode saber o que se está a reproducir en cada momento.

PUBLICIDADE