O Surface Pro 7+ ten versión con 4G

luns, 11 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

Microsoft quere atender á grande demanda de equipos potentes e portátiles da familia Surface cun novo equipo que comercializa en exclusiva para empresas, o novo Surface Pro 7+, un dispositivo 2 en 1 que presume de ser lixeiro e con boa autonomía, e que agora mellora aínda máis a súa portabilidade coa opción 4G LTE Advanced, facilitando así o acceso á banda larga móbil cando se estea fóra do fogar ou da oficina, ou en localizacións onde o alcance da rede Wi-Fi sexa limitado.
Estes novos equipos están equipados co último procesador Intel Core de 11ª xeración, prometen até 15 horas de autonomía, integran portos USB-A e USB-C que incluso permiten a conexión de pantallas externas para gozar dunha completa estación de traballo, e tamén pode ofrecer videochamadas de auténtico luxo grazas á súa webcam Full HD, os seus altofalantes Dolby Atmos e os seus 2 micrófonos de longo alcance.
O Surface Pro 7+ parte dun prezo de 1.029 euros para o modelo con Wi-Fi e de 1.329 euros para o modelo con conectividade 4G, podendo equiparse con até un procesador Core i7, 32 GB de RAM e 1 TB de SSD.

O Surface Pro 7+ con 4G LTE Advanced permite aproveitar a banda larga móbil para estar conectado en case calquera lugar

PUBLICIDADE