O VAIO Tap 11 preséntase como un ordenador completo con forma de tablet
xoves, 5 de setembro do 2013
Parece que Sony soubo aprender a lección de Microsoft co seu
Surface Pro, e antes de que a compañía de Redmond lancen a revisión do seu
tablet/ordenador presentan o novo
VAIO Tap 11, un impresionante equipo con Windows 8 e pantalla táctil de
11,6 polgadas que combina con fortuna a comodidade dun tablet coa
funcionalidade dun ordenador persoal, para o que pode conectárselle un teclado
con trackpad que fai á súa vez de tapa para protexer a súa pantalla durante o
transporte.
Este atractivo dispositivo, cun delgado e resistente deseño, integra unha
cámara traseira de 8 Mpíxeles, permite realizar anotacións en pantalla con seu
lapis dixitalizador, conta con infravermellos para poder empregarse como mando
a distancia universal e incluso ten conectividade NFC para facilitar o
emparellamento con outros dispositivos como auriculares ou altofalantes sen
fíos.
O VAIO Tap 11 funcionará cun procesador de nova xeración (ata un Core i7), a
súa tapa-teclado pode cargarse estando conectada ao tablet, ten USB 3.0, lector
de tarxetas SD, saída HDMI e batería cunha duración de ata 6 horas.