O Vivo Nex 2 podería incluír unha pantalla traseira para prescindir da cámara frontal
xoves, 29 de novembro do 2018
A moda dos móbiles todo
pantalla está a chegar a novos niveis da man dos fabricantes chineses, tal
e como podemos ver nunha imaxe que ilustra
as filtracións sobre o Vivo Nex 2, un smartphone que sairía á venda en
decembro para suceder ao Vivo
Nex, que sorprendera no seu día ao integrar unha cámara frontal retráctil.
Desta volta o fabricante chinés non se conformaría con integrar o lector de
pegadas dixitais na propia pantalla, senón que para poder aforrar o espazo da
cámara frontal optan directamente por prescindir dela, e instar ao uso da
cámara traseira no seu lugar, acompañada por unha pantalla traseira para que
podamos ver o que se está a enfocar.
Co Vivo
Nex 2 estariamos ante a solución máis radical para evitar o notch na pantalla frontal, que non sería
o único detalle rechamante deste terminal que tería unha cámara traseira tripla
rodeada un anel LED que brillaría cando se reciben notificacións.