O WePad sairá no verán por a partires de 450 euros
martes, 13 de abril do 2010
Dende Europa
tamén temos alternativas ao iPad de certo atractivo, coma o agardado WePad, que tras distintos anticipos,
finalmente concreta a súa data de lanzamento e prezo, de xeito que xa sabemos que
este tablet xermano con procesador
Intel Atom N450, pantalla de 11,6 polgadas, 2 portos USB, webcam, Wi-Fi e unha
capacidade interna de 16 Gb sairá
á venda en agosto por 450 euros, mentres que por 569 euros poderá
adquirirse unha versión con 64 Gb de almacenamento, GPS, 3G e capacidade para a
reprodución de vídeo en alta definición.
Dende Engadget detallan que na
presentación ante a prensa do WePad o equipo corría con Windows 7,
sistema operativo no sobre o que funcionaba unha interface gráfica deseñada
especificamente para o seu uso táctil, aínda que, segundo parece, a versión
final do dispositivo operará con Android, de aí que os paralelismos co iPad
sexan máis que evidentes, aínda que como vén a ser habitual nos competidores do
dispositivo de Apple, neste caso exista compatibilidade coa tecnoloxía Flash de
Adobe.
Prototipo do WePad presentado en vídeo