O Willcom D4 incorpora un procesador Intel Atom que lle permite funcionar con Window Vista
luns, 14 de abril do 2008
Sharp será o primeiro fabricante en
comercializar un MID (Mobile Internet Device) incorporando un procesador Intel
Atom, o Willcom D4,
que conta cunha pantalla táctil de 5 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles,
teclado QWERTY, Wi-Fi, Bluetooth, lector de tarxetas microSD, cámara de 2 Mpíxeles,
porto USB, disco duro de 40 Gb, 1 Gb de RAM e unha sintonizadora de televisión.
Este pequeno dispositivo mide 190 x 84 x 25,9 milímetros,
pesa 470 gramos
e destaca porque o seu procesador Intel Atom Z520 a 1,33 GHz lle permite correr
Windows Vista, o que non resulta nada habitual nun dispositivo deste tipo que
no Xapón se
vai comercializar dende xuño a 128.600 iens (uns 805 euros).