O Xiaomi 12T Pro presume de cámara de 200 Mpíxeles
martes, 4 de outubro do 2022
Xiaomi presentou oficialmente os seus smartphones Xiaomi 12T e Xiaomi 12T Pro, dispositivos
que teñen como principal diferenza o sensor da súa cámara traseira principal, que
sería de 108 e 200 Mpíxeles respectivamente. Deste xeito Xiaomi consegue
colocarse á cabeza das especificacións técnicas, sen ter que dar un salto a
prezos inalcanzables.
O Xiaomi 12T Pro é un smartphone máis que notable, cun procesador Qualcomm
Snapdragon 8+ Gen 1, 8/12 GB de RAM LPDDR5, 256 GB de almacenamento interno UFS
3.1, pantalla AMOLED de 6,67 polgadas cunha resolución de 2.712 x 1.220 píxeles
e unha velocidade de refresco de 120 Hz, cámara traseira grande angular de 200
Mpíxeles con estabilización óptica de imaxe, enfoque automático e gravación de
vídeo 8K (acompañada por un ultra grande angular de 8 Mpíxeles e unha cámara
macro de 2 Mpíxeles), cámara frontal de 20 Mpíxeles, NFC, lector de impresións
dixitais en pantalla, dobre SIM, altofalantes estéreo con Dolby Atmos e batería
de 5.000 mAh con carga rápida de 120 watts (inclúe o cargador que permite esta
velocidade de carga que completaría a batería nuns 19 minutos). O seu prezo de
venda é de 799,99 euros con 8 GB de RAM e de 849,99 euros con 12 GB de RAM.
O Xiaomi 12T pola súa banda confórmase cun procesador MediaTek Dimensity 8100-Ultra,
8 GB de RAM LPDDR5, 128/256 GB de almacenamento UFS 3.1, unha cámara traseira
principal de 108 Mpíxeles con gravación de vídeo en 4K e o resto de
característica do seu irmán maior, polo que sería un móbil que con poucos
compromisos conseguiría chegar a un maior público grazas a un prezo máis
contidos (599,99 euros con 128 GB de almacenamento e 649,99 euros con 256 GB de
capacidade).