O Xiaomi 14 será o primeiro móbil con procesador Snapdragon 8 Gen 3
xoves, 26 de outubro do 2023
Xiaomi presentou hoxe
o seu novo móbil insignia, o Xiaomi 14, e o seu novo sistema operativo
móbiles, HyperOS, así como outros produtos da compañía, que polo momento comercializaranse
no mercado chinés, aínda que os novos móbiles resulta evidente que os veremos
pronto en España (mentres que HyperOS non sabemos
se quedará reservado ao mercado chinés).
O Xiaomi 14 destaca por ser o
primeiro móbil do mercado cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3; contando
tamén con 8/16 GB de RAM LPDDR5X; 256 GB/5121 GB/1 TB de almacenamento interno
UFS 4.0; pantalla OLED de 6,36 polgadas cunha resolución de 2.670 x 1.200
píxeleles, un refresco de 120 HZ e un brillo de 3.000 nits; cámara traseira
tripla certificada por Leica cun sensor principal de 50 Mpíxeles con
estabilización óptica, ultra grande angular e un teleobxectivo de 3,2x con
estabilización óptica; cámara frontal de 32 Mpíxeles; conectividade 5G, Wi-Fi 7
e Bluetooth 5.4; resistencia IP68; e unha batería de 4.610 mAh con carga rápida
por cable de 90 watts, sen fíos de 50 watts e mesmo carga inversa de 10 watts.
Falamos dun mobil realmente de gama alta, que ten un prezo de partida de 3.999
iuans (518 euros) para o modelo con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento
interno, e até 4.999 iuans (647 euros) para o modelo con 16 GB de RAM e 1 TB de
almacenamento.
Pola súa banda o Xiaomi 14 Pro é
un móbil moi semellante, que medra en pantalla até as 6,73 polgadas cunha
resolución de 3.200 x 1.440p protexida por un cristal cerámico; que no apartado
de cámaras sorprende coa incorporación dun sistema de apertura variable
f/1.42-f/4.0 no seu obxectivo principal, conseguindo así máis opcións creativas;
e a súa batería de 4.880 mAh mellora a súa carga rápida por cable até chegar
aos 120 watts (polo que podería cargarse en só 18 minutos). Este impresionante
teléfono sae á venda en China a un prezo de entre 4.999 iuans (647 euros) e 5.999
iuans (776 euros) con 12 GB e 16 GB de RAM e 256 GB e 1 TB de almacenamento
respectivamente.