O Xperia PRO permite facer retransmisións en directo dende fontes de vÃdeo externas
xoves, 28 de xaneiro do 2021
Sony está a lanzar nos EE.UU. o Xperia
PRO, un smartphone con conectividade 5G (incluÃndo mmWave) que pode
considerarse a evolución do Xperia 1 II
que en España véndese a 1.199 euros, pero que ten un prezo de 2.500 dólares
(2.066 euros), diferenza de prezo que estarÃa xustificada por unha
caracterÃsticas que non ten competencia no mercado: unha entrada HDMI.
Ao contar con entrada de vÃdeo, a pantalla do Xperia PRO pode empregarse como monitor
de vÃdeo para cámaras profesionais (soportando 4K e HDR), o que é unha
prestación que agradecerán moitos profesionais do vÃdeo, pero Sony non deixa a
cousa aÃ, e permite que poida empregarse este sinal de vÃdeo externo para a
realización de retransmisións de vÃdeo en directo a través de aplicacións de
terceiros.
Poder empregar un móbil 5G para facer emisións en directo a través da Internet
é unha prestación moi interesante tanto para usar directamente nunha cámara profesional
como tamén para conectar a completos sistemas de realización de vÃdeo, xa que
basicamente o móbil pode actuar como ponte entre a captación de vÃdeo profesional
e o público dun xeito moi efectivo alà onde haxa boa cobertura da banda larga
móbil.
Deixando a un lado esta impresionante prestación do Xperia PRO cómpre dar conta
das súas prestacións, bastante ordinarias en móbiles de gama alta de 2020.
Falamos dun móbil cunha pantalla OLED 4K de 6,5 polgadas en formato
ultrapanorámico, equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 865, 12 GB de RAM,
512 GB de almacenamento interno, dobre SIM, Wi-Fi 6, Bluetooth 5.1, cámara
traseira tripla (con 12 MpÃxeles en cada sensor), cámara frontal de 8 MpÃxeles
e baterÃa de 4.000 mAh, sendo este último elemento precisamente o seu punto
máis feble se temos en conta que pretende empregarse o terminal como monitor de
vÃdeo ou como emisor de retransmisións en directo.
VÃdeo promocional do Sony Xperia PRO