O Xperia Play chegará o 1 de abril a España
luns, 14 de marzo do 2011
O
vindeiro 1 de abril Vodafone traerá a España o teléfono Xperia Play,
coñecido popularmente coma o teléfono PlayStation, do que terá unha exclusiva
de 15 días (só para o seu modelo de cor branca, pois o negro sairá tanto libre
como a través de distintos operadores na mesma data). Este móbil de Sony
Ericsson terá un prezo libre de 649 euros, incluíndo 6 xogos precargados e cun
catálogo de títulos descargables de máis de 50 xogos adaptados ao sistema de
control deste móbil con Android optimizado para xogar.
O
móbil Xperia Play será compatible con PlayStation Suite, plataforma que
achegará multitude de xogos da PlayStation orixinal ao móbil, sen prescindir
coas múltiples posibilidades que abre o Android Market. Conta cun procesador
Snapdragon a 1 GHz, procesador gráfico Adreno 205 (optimizado para xogos),
pantalla táctil de 4 polgadas cunha resolución de 854 x 480 píxeles, inclúe
unha tarxeta microSD de 8 Gb (aceptando tarxetas deste tipo de ata 32 Gb), mide
11,9 x 6,2 x 1,6 centímetros e pesa 175 gramos.