O blogue en galego sobre dispositivos electrónicos, Trebellos, busca editores

luns, 24 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Distintos blogueiros galegos interesados na tecnoloxía se congregaron baixo o dominio trebellos.org para inaugurar o que pretendía ser a primeira rede comercial de blogues en galego, Blogueiros (promovida por Andrés Milleiro), pero este primeiro caderno de Internet non foi capaz de manterse actualizado moito máis de 10 meses, por distintos compromisos dos seus editores, pero agora queren resucitar esta iniciativa coa que pretende que o público galego poida ler sobre gadgets en galego, convidando aos interesados en contribuír a contactar con eles, para poder incorporarse ao futuro equipo que dará vida á nova etapa.

PUBLICIDADE