O bolÃgrafo intelixente de Livescribe venderase a partir de marzo
luns, 28 de xaneiro do 2008
Livescribe prometÃa revolucionar o xeito de ver
apuntes cun Smartpen, e agora o prototipo que presentou
o pasado ano parecer listo para a súa comercialización, de xeito que xa
aceptan reservas deste produto que se comezará a vender no mes de marzo.
O nome comercial do bolÃgrafo intelixente
será Pulse, e se
venderá en versión de 1 e 2 Gb a 149 e 199 dólares respectivamente. O Pulse
funciona cun papel especial, e grava tanto o escribimos coma o son que se
escoita nese momento (ata un máximo de 200 horas na versión de 2 Gb),
sincronizando texto e audio, o que resulta moi práctico á hora de repasar
apuntes, e permite que sexa unha ferramenta moi
útil para estudantes e reporteiros.
O Pulse funciona cun procesador ARM-9 e pode sincronizarse con ordenadores PC
co sistema operativo Windows XP ou Vista, aÃnda que están a traballar no
soporte de Mac OS X para a segunda metade do ano.
Tamén queren que o software do seu produto estea aberto a outros
desenvolvedores, que poderán empregar un SDK baseado en Java e Eclipse para dar
máis xogo a este prometedor dispositivo.