O conversor de vÃdeo facilita a conexión de consolas de videoxogos a monitores de ordenador
venres, 22 de maio do 2009
A vindeira semana o fabricante Castrade porá á venda no Xapón o seu dispositivo
CG-USC01HD-PLUS,
pensado para converter os sinais en composto, S-Video e por compoñentes a VGA,
con resolucións dende 800 x 600 pÃxeles a 75 Hz ata 1.920 x 1.200 a 60 Hz, o
que permite conectar as consolas de videoxogos actuais a un monitor de
ordenador, á vez que tamén pode facer de ponte do sinal VGA do PC, de xeito que
permite que o equipo informático comparta pantalla coa consola, pese a que esta
non teñan unha saÃda de vÃdeo dixital. O conversor de vÃdeo tamén integra
sintonizador de televisión, o que
servirÃa principalmente para conectar trebellos que entregase o seu
sinal por RF en vez de por unha saÃda de dedicada (como algunha vella consola
ou reprodutor de vÃdeo).
O trebello mide 14,7 x 9,1 x 2,3 centÃmetros, pesa 200 gramos e porase
á venda por 10.000 iens (75,51 euros), o que non é precisamente barato, aÃnda
que resulta sumamente práctico para aforrar espazo ou, simplemente, poder
conectar vellos dispositivos a un monitor sen monopolizar o televisor do salón.