O elegante Acer CloudMobile poderá verse no Mobile World Congress
venres, 10 de febreiro do 2012
Adiantándose
ao Mobile World Congress, Acer lanzouse a anunciar o seu novo móbil insignia, o
Acer
CloudMobile, que será o primeiro terminal en ofrecer a tecnoloxía
AcerCloud, que conecta de xeito seguro co contido persoal en ordenadores a
través de CloudMobileTM, o que permitiría ver milleiros das nosas fotografías
en calquera lugar ou escoitar a nosa colección musical completa tanto se
estamos no fogar ou en mobilidade.
O deseño do Acer CloudMobile tamén é un dos pratos fortes deste terminal (o que
está presente nos seus moitos detalles), que conta cunha pantalla laminada de
4,3 polgadas con resolución de alta definición e coméntase que podería
funcionar con Android 4.0 e ter un grosor de menos de 10 milímetros. Aínda
que non chegará ao mercado ata o terceiro trimestre do ano, será posible ver
detalles do mesmo no congreso de telefonía móbil de Barcelona que terá lugar en
poucos días.