O lector de libros electrónicos eSlick chega a España a un prezo desorbitado

venres, 22 de maio do 2009 Marcus Fernández

Cando vemos os prezos dalgúns produtos no momento do seu lanzamento podemos percibir falsamente o que custará ao chegar ao mercado español, e como grande exemplo temos ao lector de libros electrónicos eSlick, anunciado hai medio ano, e que tiña un valor de 229,9 dólares (o que naquel momento equivalía a 162,59 euros) e agora chega a España a 329 euros, o que é máis do dobre do prezo inicialmente anunciado (que ao final tampouco foi tal nos EE.UU., onde terá un prezo de lanzamento de 259,99 dólares, e un prezo habitual de 299,99 dólares, aínda que pedilo dende España neste momento sae a uns 205 euros).
O eSlick é un lector de libros electrónicos cunha pantalla de 6 polgadas cunha resolución de 600 x 800 píxeles e 4 niveis de gris, que mide 18,8 x 11,8 x 1 centímetros, pesa 180 gramos e a súa batería achégalle unha autonomía suficiente para ler unhas 8.000 páxinas. Conta con 128 Mb de almacenamento interno, lectro de tarxetas SD de ata 4 Gb (inclúe unha de 2 Gb) e capaz de ler documentos PDF e TXT, así como de reproducir música en MP3.

PUBLICIDADE