O micrófono Zoom iQ5 converte o iPhone nunha gravadora profesional

venres, 24 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Para converter un iPhone, un iPod Touch ou un iPad nunha gravadora sonora profesional temos agora o novo micrófono Zoom iQ5, que ten un tamaño o suficientemente compacto como para levalo no peto e pode colocarse no conector Lightning dos últimos dispositivos móbiles de Apple así como empregalos en combinación cunha aplicación de balde de Zoom (sendo compatible tamén con aplicacións como GarageBand) que facilita a realización de gravacións tanto nun formato sen compresión (para unha elevada calidade sonora) como en AAC (para sacrificar pouco espazo de almacenamento coas nosas gravación).
O Zoom iQ5 pesa só 30,5 gramos, pode rexistrar audio a 44,1 kHz a 16 bits, ten control de ganancia (e limitador para evitar a saturación en contornos moi ruidosos), permite a monitorización directa do micrófono mediante auriculares, e incluso permite a captura en 3 modos: Mid-side (para unha gravación sinxela), 90 graos (para gravar un son individual) e 120 graos (para conseguir unha captura máis ampla, collendo tamén son de ambiente e reverberación). Tamén é posible é posible gravar os datos brutos rexistrados polo micrófono central e lateral integrando neste dispositivo, para poder axustar o ángulo de gravación estéreo entre 30 e 150 graos na aplicación de Zoom para iOS.
Este accesorio para dispositivos iOS con conector Lightning pode atoparse nas tendas a un prezo de 98 euros (podendo adquirirse en cor negra ou branca).

JPEG - 89 KB
O micrófono Zoom iQ5 permite realizar gravación de calidade dende dispositivos con iOS


Vídeo de presentación do micrófono Zoom iQ5

PUBLICIDADE