O micrófono iM2 permite gravar en estéreo e con calidade en dispositivos móbiles de Apple
xoves, 24 de novembro do 2011
Para converter un iPhone, un iPod Touch ou un iPad nunha
gravadora de audio estéreo de alta calidade TASCAM presenta o
seu micrófono iM2, que pode conectarse directamente ao conector dock dos
dispositivos de Apple para suplir asà unha das grandes carencias do conector de
micrófono/auriculares destes terminais (que só soporta micrófono mono).
Este micrófono é axustable 180 graos para unha boa orientación, e integra un
preamplificador e un conversor analóxico-dixital para conseguir un baixo nivel
de ruÃdo e unha excelente calidade sonora. O iM2 é capaz de manexar niveis de
son de ata 125 dB, o que permitirÃa capturar concertos musicais e instrumentos
sen distorsións.
O conectarse ao dock dos trebellos de Apple, o micrófono non precisa de
alimentación adicional, aÃnda que tamén incorpora un porto USB para poder
cargar os dispositivos de Apple durante longas sesións de gravación.
O TASCAM iM2 pode funcionar con case calquera aplicación de gravación, incluÃndo
o gravador de vÃdeo integrado en iOS, o que facilita que as nosas gravacións
poidan contar cun son máis realista e claro, o que agradecerán especialmente os
músicos. O
seu prezo de venda é de 79,99 dólares (uns 60 euros).
- O TASCAM iM2 permite converter o iPhone nunha gravadora profesional