O nVIDIA Tegra 650 promete ser capaz de reproducir ata 30 horas de vídeo en alta definición

luns, 2 de xuño do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 41.8 KB
Prototipo do que podería ser un reprodutor multimedia baseado no Tegra 650

nVIDIA vai ser un dos grandes impulsores dos dispositivos móbiles con grandes posibilidades gráficas, ou iso parece a tenor da presentación dos seus procesadores Tegra 600 e 650. Este último será o primeiro equipo do mundo e considerado o primeiro ordenador integrado nun chip para ordenadores móbiles visuais, pois incorpora nun chip de reducido tamaño o procesador gráfico, a memoria do sistema, a xestión de dispositivos e o procesador principal.
O nVIDIA Tegra 650 seguirá os pasos do Tegra APX 2500 (procesador orientado a móbiles intelixentes con Windows Mobile) e alzarase como unha mestura entre un procesador ARM a 800 MHz e un procesador gráfico Ge Force de baixo consumo.
Precisamente a autonomía será unha das principais bazas do Tegra 650, que sería capaz de reproducir ata 30 horas de vídeo en alta definición e 130 horas de audio. Soportará o uso de pantallas de ata 1.080 liñas en progresivo a través dun porto HDMI (compatible con PAL e NTSC), Wi-Fi, discos duros, teclado, ratos e outros periféricos e incluso podería utilizarse para o proceso de imaxes en alta definición en cámaras fotográficas ou de vídeo.

PUBLICIDADE