O novo Apple Watch terá pantalla Always-On
martes, 10 de setembro do 2019
Como
estaba previsto, hoxe presentouse o Apple Watch Series 5,
a nova versión do reloxo conectado de Apple, que como grandes novidades ten unha
pantalla Always-On (ou sexa, que amosa a hora a todo momento e non só
cando xiramos o pulso), integra compás e o sistema de chamadas a servizos de
emerxencia agora funciona en máis de 150 paÃses (incluso sen ter o iPhone
preto).
Dende Apple aseguran que as optimizacións realizadas no Apple Watch Series 5
serÃan as que permitirÃan mellorar a súa autonomÃa até 18 horas de uso (o que
consideran que é todo o dÃa) coa pantalla acendida. A mencionada
integración de compás mellora as súas funcións de navegación e a chamada a
servizos de emerxencia (ou a contactos de emerxencia) cando o reloxo detecta
unha caÃda severa (seguida dun perÃodo de inactividade) chega a máis paÃses.
Nesta liña entrarÃan tamén os avances no ámbito da saúde, de xeito que watchOS
6 inclúe novas funcionalidades como a posibilidade de rexistrar os ciclos
menstruais ou un analizador do nivel de ruÃdo ambiental (para que sexamos
conscientes de cando estamos en contornos que poden prexudicar á nosa audición).
Os novos Apple Watch chegan ao mercado o 20 de setembro a prezos que parten dos
449 con correa deportiva e caixa de 40 milÃmetros (a caixa de 44 milÃmetros
encarece o produto en 30 euros e a conectividade móbil outros 100 euros).
VÃdeo de presentación do novo Apple Watch