O novo MacBook Pro substitúe as teclas de función por unha pantalla táctil
xoves, 27 de outubro do 2016
Apple presentou hoxe o seu novo MacBook Pro, un ordenador
portátil de grande potencial que con este redeseño presenta o seu formato máis
delgado e lixeiro á vez que revoluciona a súa interface de uso facendo
desaparecer a tradicional fileira de teclas de funciona para deixar lugar á
nova Touch Bar, unha brillante pantalla multi-táctil de calidade Retina.
Este atractivo equipo tamén incorpora Touch ID para gozar dun sistema de
identificación cómodo e seguro, un teclado de rápida resposta, un trackpad
Force Touch máis grande que o dos seus predecesores e un sistema sonoro co
dobre de rango dinámico. En potencia tamén é todo un portento, con
procesadores Intel del sexta xeración con 2 e catro núcleos, un incremento da
potencia gráfica de até 2,3 veces a xeración anterior, unidades SSD
ultrarrápidas e até catro portos Thunderbolt 3 (USB-C).
A Touch Bar é claramente a grande innovación deste equipo, e busca ofrecer
grandes opcións de control en función da aplicación que se estea a empregar,
soportando tanto as aplicacións de sistema como moitas outros de terceiros. Por
exemplo, a Touch Bar pode amosar as diferentes pestanas e os favoritos do
navegador web Safari, pode empregarse para acceder ás emoticonas da aplicación
de mensaxerÃa ou permite avanzar e retroceder en vÃdeos, entre outras moitas
posibilidades que os desenvolvedores irán incorporando aos seus programas para
que os usuarios destes novos portátiles poidan gozar dun control innovador e
bastante práctico.
O MacBook Pro consegue que o seu modelo de 13 polgadas presente un grosor de só
14,9 milÃmetros e un peso de 1,36 quilogramos, o que suporÃa ser un 23% máis
compacto e 200 gramos máis lixeiro; mentres que o modelo de 15 polgadas terÃa
un grosor de 15,5 milÃmetros (sendo un 20% máis compacto) e cun peso total de
1,8 quilogramos (tamén 200 gramos máis lixeiro que na xeración anterior).
O modelo máis básico do novo MacBook Pro, con pantalla de 13 polgadas, procesador
Intel Core i5 de dobre núcleo, 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento interno
sae hoxe á venda por un prezo que parte dos 1.699 euros, pero crecerÃa de Touch
Bar e Touch ID , mentres que o resto de modelos que si terÃan estas novas
prestacións tardarÃan en chegar entre 2 e 4 semanas e o seu prezo partirÃa de
1.999 euros para a versión con procesador Intel Core i5 de dobre núcleo, 8 GB
de RAM e 256 GB de SSD e pantalla de 13 polgadas, quedando o chanzo superior
nun modelo con pantalla de 15 polgadas, procesador Intel Core i7 de catro núcleos,
16 GB de RAM e 512 GB de SSD por un prezo que parte dos 3.199 euros.
Cómpre destacar que os modelos básicos (sen Touch Bar) con pantalla de 13
polgadas só contan con 2 portos Thunderbolt 3, o que en moitos casos pode ser
un atranco (aÃnda que menos acentuado que no MacBook que só ten 1 porto deste
tipo), mentres que o resto de equipos estarÃan equipados con 4 portos, o que
deberÃa ser máis que suficiente, aÃnda que non serán poucos os que critiquen
que algúns destes portos sexan en formato USB estándar para poder empregar
accesorios vellos sen ter que facer uso dun adaptador.
Algún detalle máis a comentar poderÃa ser que estes equipos véndense en cor
prata e gris espacial, e que a súa autonomÃa serÃa de até 10 horas de
navegación web sen fÃos ou de reprodución de vÃdeo, podendo aguantar até 30
dÃas en repouso (datos que suporÃan un pequeno descenso de autonomÃa no modelo
con pantalla de 13 polgadas e unha pequena mellora para o modelo con pantalla
de 15 polgadas).
- Os MacBook Pro están dispoñibles con pantallas de 13 e 15 polgadas
VÃdeo promocional do novo MacBook Pro