O novo Motorola RAZR preséntase como un smartphone con só 7,1 mm de grosor

martes, 18 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Motorola Mobility anunciou que o mes que vén chegará ao noso mercado o seu novo móbil Motorola RAZR, que cunha resistente pantalla Super AMOLED de 4,3 polgadas cunha resolución de 540 x 960 píxeles, chasis de aceiro e aluminio cunha capa resistente a salpicaduras, parte traseira de fibra de kevlar en un espectacular grosor de só 7,1 milímetros, que fai que leve a súa tradicional estética rechamante aos smartphones actuais.
Para continuar asombrando aos consumidores, o novo móbil de Motorola funciona cun procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento (16 Gb internos e outros 16 nunha tarxeta microSD incluída), sistema operativo Android 2.3.5, cámara de 8 Mpíxeles capaz de gravar vídeo a 1.080p, conectividade LTE (4G), 3G e Wi-Fi, Bluetooth 4.0 e batería de 1.780 mAh.

O Motorola RAZR presume do só 7,1 mm de grosor

PUBLICIDADE