O novo Tomb Raider chega ás tendas españolas

martes, 5 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O xogo Tomb Raider, que supón o reinicio da saga protagonizada por Lara Croft, achegándonos unha visión moito máis inxenua e xuvenil da heroína máis popular do mundo do videoxogo, que xa non será unha figura experimentada e ousada, senón que comezará como unha figura fráxil, que evolucionará a través da supervivencia para superar numerosos atrancos ata perfilarse como unha moza forte e carismática, chega hoxe ás tendas europeas, de xeito que podemos facernos con este título nas súas versións para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, lanzamento que veu acompañado dun novo trailer que vén a ser unha versión estendida dun anuncio que pode versen en televisión.
Pero este non é o único reinicio que experimentará Lara Crosft, senón que a revista Variety comenta que este xogo podería contar cunha adaptación á grande pantalla seguindo a súa mesma pauta: cunha protagonista nova (21 anos) e sen experiencia, lonxe da heroína de acción que encarnaba Angelina Jolie.
O que si deixan claro dende Crystal Dynamics é que queren evitar discrepancias entre as distintas Laras, e están a traballar en tal dirección cos produtores do filme do que pouco se sabe, agás que é GK Films a compañía que está detrás deste traballo.


Novo trailer do xogo

PUBLICIDADE