O novo Xiaomi 12S Ultra terá unha cámara cun sensor de 1 polgada
luns, 4 de xullo do 2022
Xiaomi presentou esta mañá a súa nova familia de móbiles de
alta gama, formada polo 12S, o 12S Pro e o 12S Ultra, que aparte dunha grande
potencia, destacarán polas súas impresionantes cámaras asinadas por Leica, de
xeito que podemos ter os móbiles con Android que aspiran a ser un dos referentes
de mercado.
O móbiles de referencia serÃa claramente o Xiaomi 12S Ultra,
dispositivo cun procesador Qualcomm Snapdragon 8+ Gen 1, 8/12 GB de RAM LPDDR5,
256/512 GB de almacenamento UFS 3.1; unha pantalla AMOLED QuadHD+ de 6,73
polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz; unha cámara traseira tripla
cun sensor principal de 50 MpÃxeles e un sensor de 1 polgadas de tamaño e
estabilización óptica de imaxe, un sensor grande angular de 48 MpÃxeles e un
teleobxectivo de 48 MpÃxeles con estabilización óptica e un zoom óptico de 5x; a
cámara frontal de 32 MpÃxeles; baterÃa de 4.860 mAh con carga rápida de 67
watts, carga sen fÃos de 50 watts e carga inversa de 10 watts; NFC, infravermellos,
lector de impresións dixitais en pantalla, altofalantes estéreo desenvolvidos coa
colaboración de Harman Kardon, resistencia IP68, traseira cerámica e marco de
aluminio, que terá un prezo de entre 5.999 e 6.999 iuans (858 e 1.001 euros).
O Xiaomi 12S Pro é un móbil moi semellante ao Ultra, pero cunha cámara principal
inferior, e unha baterÃa de menor capacidade (4.600 mAh) aÃnda que con carga
máis rápida (a 120 watts) mantendo o seu prezo entre os 4.699 e os 5.899 iuans
(672 e 844 euros).
Por outra banda, o Xiaomi 12S é un móbil bastante diferente, xa que parte dunha
pantalla AMOLED Full HD+ de 6,28 polgadas, cámaras bastante inferiores e unha
baterÃa de 4.500 mAh con carga rápida de 67 watts. O seu prezo estará entre os
3.999 e os 5.199 iuans (572 e 744 euros).
Quedamos á espera de ver cando estes novos smartphones chegarán a Europa.
- O Xiaomi 12S Ultra ten resistencia IP68
VÃdeo da presentación dos novos Xiaomi 12S