O novo iPod Shuffle chega ó mercado
martes, 31 de outubro do 2006
Trala presentación dos novos reprodutores multimedia de Apple, os novos iPod Video e iPod nano chegaron ó mercado, pero os novo iPod Shuffle facíase agardar, estando anunciando para o 15 de outubro, pero que finalmente chega estes días, polo que as encargas deste curioso reprodutor con forma de pinza comezarán a ser atendidas, agardándose que reciban a finais da presente semana o seu desexado reprodutor de pequeno tamaño.
Así, o dispositivo de 2,73 x 4,12 x 1,05 cm. e só 15,5 gramos de peso venderase a 79 euros, permitindo levar ata 1 Gb de música no seu interior e podendo prenderse a case calquera roupa para poder escoitar os nosos temas favoritos durante 12 horas sen pausa grazas á súa batería recargable de ións de litio (que pode conservar a súa carga completa ata un mes).