O novo smartphone insignia de Lenovo terá pantalla de 6 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 píxeles

martes, 27 de maio do 2014 Marcus Fernández

Os fabricantes asiáticos continúan encirrados en lanzar novos smartphones con pantallas de grande tamaño como dispositivos insignia, e nesta liña Lenovo parece estar a chegar a unha situación límite, pois filtráronse detalles do que sería o seu smartphone Vibe Z2 Pro, e pretende chegar ao mercado cunha pantalla de 6 polgadas, iso si, superando de sobra a resolución da alta definición e ofrecendo unha pantalla de 2.560 x 1.440 píxeles (equivalente a catro pantallas a 720p).
O novo smartphone tería un procesador Qualcomm Snapdragon 801 de catro núcleos a 2,5 GHz, cámara traseira de 16 Mpíxeles con estabilización óptica de imaxe e flash LED dual, NFC, batería de 4.000 mAh e un corpo metálico cun grosor de só 7,7 milímetros. O terminal soportaría dobre SIM e conectividade LTE (4G).

PUBLICIDADE