O pack Nokia N79 Active permite monitorizar o noso ritmo cardíaco

venres, 16 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Cando facemos deporte é habitual ter que cargar co móbil para permanecer comunicados, pero tamén se pode aproveitar para monitorizar a actividade física, de aí que aparezan ferramentas coma o Nokia Sports Tracker, que pode gardar as nosas rutas e os seus datos gardados procesar logo esta información que grazas á cinta transmisora por Bluetooth WearLink de Polar (incluída no pack Nokia N79 Active) permitirá tamén rexistrar o ritmo do noso corazón.
O Nokia N79 é o terminal Nseries máis pequeno ata o momento, con cámara de 5 Mpíxeles, A-GPS, pantalla de 2,4 polgadas e capacidades de Internet, que pódese adquirir cun brazalete para o transporte e uns auriculares deportivos por 375 euros + IVE (libre).

PUBLICIDADE