O patinete eléctrico de Xiaomi mellora a autonomÃa co seu modelo Pro
venres, 15 de febreiro do 2019
O Mi
Electric Scooter é un dos produtos de Xiaomi de mellor aceptación, dispoñible
actualmente en España a un prezo oficial de 399 euros e cunha autonomÃa de 30
quilómetros que supón todo un punto ao seu favor, pero veñen de presentar unha
nova versión deste vehÃculo que sorprende ao mellorar precisamente o seu punto
forte, de xeito que a versión Pro,
que venderase a 2.799 iuans (366 euros) consegue unha autonomÃa de até 45 quilómetros,
á vez que tamén integra unha pantalla LED no guiador na que poder ver detalles
como a velocidade, o modo de funcionamento e o estado da baterÃa.
Este vehÃculo persoal que pode moverse até a 25 quilómetros por hora conseguiu
converterse no grande referente dos patinetes eléctricos, e sairá á venda en
China o vindeiro dÃa 18, descoñecéndose polo momento cando chegará oficialmente
a España.
- A pantalla no guiador é unha das novidades da versión Pro
- Entre as vantaxes dos patinetes de Xiaomi está o poder encartalos para facilitar o seu transporte e almacenamento