O portátil Galaxy Book Flex α terá pantalla QLED e un prezo axustado
xoves, 2 de xaneiro do 2020
Samsung
presentou hoxe o novo portátil Galaxy
Book Flex α, unha variante do anterior Galaxy Book Flex, que ofrece unha
grande autonomía, unha pantalla QLED inmersiva e un exquisito deseño a un prezo
competitivo, perseguindo ofrecer nun ordenador portátil a flexibilidade e
mobilidade dun smartphone.
O Galaxy Book Flex α vén a ser un ordenador 2-en-1 delgado (13,9 milímetros) e
lixeiro (pesa só 1,19 quilos), cunha pantalla QLED Full HD de 13,3 polgadas e
marcos moi reducidos, procesador Intel Core de 10ª xeración, 8/12 GB de RAM,
256 GB/512 GB/1 TB de SSD, Wi-Fi 6, lector de pegadas dixitais, 1 porto USB-C,
2 portos USB 3.0, HDMI, lector de microSD, toma para auriculares/micrófono, teclado
retroiluminado, batería de 54 Wh (que achega unha batería de até 17,5 horas) e
coa posibilidade de empregalo cun Active Pen (á venda por separado). Sairá á
venda na primeira metade do ano e o seu prezo en EE.UU. partirá dos 829,99 dólares
(743 euros).
- O Galaxy Book Flex α é un equipo 2-en-1