O portátil Razer Blade renova o seu procesador e a súa gráfica
luns, 13 de febreiro do 2017
O mercado dos ordenadores destinados a xogadores hardcore está a vivir un magnífico
momento grazas ao novo rumbo que colleron as consolas de videoxogos e á chegada
da realidade virtual, facendo que os últimos equipos teñan potencias gráficas
máis que notables, incluso en equipos portátiles, como a revisión do Razer
Blade, portátil con pantalla de 14 polgadas que vén de anunciar a súa
renovación incorporando procesadores Intel Core de sétima xeración e gráfica
nVIDIA GTX 1060, xunto con interesantes opcións e configuración.
Os novos portátiles Razer Blade funcionan con procesadores Intel Core
i7-7700HQ, 16 GB de RAM (DDR4), gráfica nVIDIA GeForce GTX 1060 con 6 GB de
memoria GDDR5, 256 GB/ 512 GB/ 1 TB de SSD en formato M.2, pantalla de 14
polgadas a elixir entre unha IPS Full HD en mate ou unha 4K multitáctil, Wi-Fi
AC, Bluetooth 4.1, son 7.1, teclado retroiluminado (con numerosas opcións de
cor), unhas dimensións de 17,9 x 345 x 235 milímetros e un peso de entre 1,86 e
195 quilogramos, que non ten problema en facilitar o funcionamento de cascos de
realidade virtual, de xeito que estariamos ante todo un portento que como
principal atranco tería o seu prezo, aínda non anunciado para España, pero que
se atendemos ao prezo en Francia estaría entre os 2.149,99 euros (para o modelo
con pantalla Full HD e unha SSD de 256 GB) e os 3.149,99 euros (con pantalla
UHD e SSD de 1 TB), estando só dispoñible polo momento as versións con pantalla
Full HD, estando previsto que o modelo con pantalla 4K non estea dispoñible até
o segundo trimestre do ano.
- O novo portátil Razer ten un deseño moi delgado para un equipo compatible con cascos de realidade virtual.
Vídeo promocional dos novos portátiles Razer Blade