O primeiro móbil resistente á auga con lector de pegadas dixitais

martes, 20 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

JPEG - 73.4 KB

O Fujitsu F-01A é un móbil que polo momento só está dispoñible para o mercado nipón, pero que destaca por ser o primeiro do mundo en incluír lector de pegadas dixitais (coma control biométrico) sendo resistente á auga.
O terminal mide 111 x 50 x 17,5 milímetros, pesa uns 142 gramos, funciona co sistema operativo Symbian, conta cunha pantalla táctil de 3,2 polgadas cunha resolución de 480 x 864 píxeles, cámara de 5,2 Mpíxeles con enfoque automático, GPS, sintonizador de telelvisión One-Seg, función de monedeiro electrónico e lector de tarxetas de memoria microSD/microSDHC de ata 8 Gb.

PUBLICIDADE