O primeiro reprodutor Blu-ray 4K con Dolby Vision HDR é de Oppo
xoves, 8 de xuño do 2017
AÃnda que o mercado non cesa de tentar establecer novos
formatos audiovisuais o número de dispositivos compatibles cos novos estándares
continúa a ser moi reducido e, de feito, o primeiro reprodutor de Blu-ray en
ultra alta definición con soporte de Dolby Vision HDR non chegou até agora, e
dun fabricante bastante inesperado: Oppo.
O fabricante chinés coñecido principalmente polos seus smartphones, conseguiu
que os seus reprodutores de Blu-ray 4K UPD-203/205 fosen os primeiros en poder
reproducir contidos en Dolb Vision HDR (un dos formatos de HDR de maior
calidade na actualidade) grazas
á súa última actualización de firmware, aÃnda que é preciso contar tamén cun
televisor compatible con Dolby Vision para poder gozar dos contidos en ultra
alta definición con HDR baixo este formato.
Esta
mesma semana saÃron á venda nos EE.UU. as dúas primeiras entregas de Gru, mi villano favorito en formato Blu-ray
4K con Dolby Vision, esperándose que en breve cheguen tamén nese formato as
pelÃculas de Power Rangers e Fast & Furious 8.