O reprodutor Playon!HD faise Mini
martes, 15 de decembro do 2009
O consumo de contidos de alta definición é actualmente bastante limitado
por mor das reducidas emisións televisivas, o que pode corrixirse grazas a
soportes coma o Blu-ray e descargas a través da Internet, de aà que proliferen
nos últimos meses os reprodutores multimedia domésticos, que funcionan con
discos duros externos ou tarxetas de memoria USB, e que permiten amosar vÃdeos
ata a 1.080p, aos que agora incorpórase Playon!HD Mini, un pequeno reprodutor
que de grande potencia e un
prezo bastante contido (99 euros).
O seu fabricante xa contaba co Playon!HD,
á venda por 50 euros máis, que é capaz de reproducir vÃdeo en MPEG-1/2/4, AVC (H.264),
Xvid, DivX, WMV9 (VC-1) e RealVideo 8/9/10 (ata 720p) en contedores coma AVI,
MKV, TS, MP4, MOV, VOB, ISO, IFO, WMV, ASF, RM, RMVB, FLV e outros, de xeito
que reproduce os principais ficheiros de vÃdeo que atopemos a través da
Interent. Adicionalmente conta con espazo para un disco duro interno e un
lector de tarxetas de memoria, que son os elementos que perde na súa versión
reducida.
Ambos reprodutores contan con porto Ethernet (para conectividade LAN) e 2
portos USB, que non só serven para dispositivos de memoria, senón que tamén
poden empregarse para conectar un adaptador Wi-Fi N, de xeito que dótaselle de
conectividade sen fÃos, práctica para achegar contidos dende un ordenador ou
outro dispositivo en rede.
- Os reprodutores Playon!HD gozan de boa conectividade