O reprodutor de alta definición de Popcorn Hour renóvase
luns, 4 de agosto do 2008
O reprodutor Popcorn Hour
A-100 que facilitaba o acceso a contidos de alta definición dende o
salón da casa renóvase, e o seu fabricante xa acepta reservas para o seu
seguinte modelo, o
A-110, que como principal mellora engade
soporte para discos SATA e HDMI 1.3a (mellorando a reprodución de
son a través de conectores de alta definición).
O vello modelo se vende en España a partir de 199 euros, e a nova versión se
venderá nos EE.UU. por 215 dólares (polo que é de agardar que o seu prezo tamén
sexa duns 215 euros dentro das nosas fronteiras) e resulta un dispositivo
sumamente atractivo para os usuarios que descargan contidos de alta definición
da Internet, pois a meirande parte dos reprodutores actuais non soportan os
contedores máis utilizados para estes formatos (coma o Matroshka) polo que
estas descargas se limitan normalmente á súa reprodución no ordenador.