O router Huawei E960 achega por Wi-Fi as conexións HSDPA
xoves, 15 de maio do 2008
As operadoras de telefonÃa móbil levan anos achegando modems 3G pensando en
achegar o acceso á Rede a ordenadores portátiles, pensando principalmente nos
seus clientes profesionais, pero co incremento de velocidades e descenso de
prezos as tecnoloxÃas UMTS/HSDPA resultan atractivas para conectarse á Internet
en lugares onde non hai ADSL.
Ante este éxito, existe agora unha nova solución de Huawei (o principal
fabricante de modems USB 3G), o
E960, que en vez de ser un módem básico, se trata dun completo
router Wi-Fi, que permite compartir unha conexións HSDPA de ata 7,2 Mbps entre
ata 32 usuarios conectados por Wi-Fi ou polos seus 4 portos de rede Ethernet,
podendo alimentarse tanto da rede eléctrica coma dun porto USB dun ordenador. O
Huawei E960 mide 155 x 115 x 28 mm., pesa menos de 500 gramos e pode colocar en
3 posicións (deitado no escritorio, inclinado ou colgado da parede).
Pero o mais abraiante deste dispositivo é que Vodafone
poderÃa comezar a comercializalo para usuarios particulares a 59 euros coas tarifas Navega Mini e Navega y habla
Casa, ou 39 euros con Navega Plus
e Navega y habla (cun compromiso de
permanencia de 18 meses en ambos casos).
Esta solución resultarÃa moi atractiva para lugares sen cobertura de ADSL ou
para fogares de fin de semana, de xeito que poderÃan conectarse á Internet sen
precisar de instalacións. Actualmente xa hai routers 3G no mercado, pero
normalmente teñen un prezo moi elevado, polo que incluso moitos usuarios
avanzados optan pola adquisición de routers con soporte de USB para conectarlle
modems
USB 3G, o que deixarÃa de resultar práctico grazas ao Huawei E960.