O router Smart WiFi 6 de Movistar poderá solicitarse a partir do venres

mércores, 30 de novembro do 2022 Marcus Fernández

Hai algo máis de medio ano Movistar presentou o seu novo router Smart WiFi 6, que prometía incrementar a velocidade até 3,5 veces, unha cobertura até un 25% mellor, un 40% máis de capacidade (o que permite conectar máis dispositivos), mellor seguridade (WPA3) e pode gozar de conexión nas bandas de 2,4 GHz e 5 GHz cun único identificador de rede Wi-Fi (o que simplifica a configuración de dispositivos, que conectaranse ao tipo de rede que máis conveña de xeito automático).
Finalmente o novo router Smart WiFi 6 de Movistar vai ampliar a súa dispoñibilidade, e dende ADSLZone aseguran que estará dispoñible de xeito xeral a partir do 2 de decembro. Os clientes interesados terán que pagar 50 euros nunha única cota se queren renovar o seu router e o instalan eles mesmos (de precisar a asistencia dun técnico habería que engadir 50 euros máis pola instalación).

PUBLICIDADE