O smartpad de Notion Ink sairá á venda en xuño
mércores, 30 de decembro do 2009
Que Notion Ink
estea a prepara un smartpad cunha pantalla de 10,1 polgadas
fabricada por Pixel Qi combinada con tecnoloxÃa nVIDIA Tegra foi unha agradable
sorpresa, pois poderÃa traer ao mercado por parte dunha compañÃa
independente un produto que moitos están a agardar, e que poderÃa chegar a
competir cun Tablet fabricado por Apple (que poderÃa chamarse finalmente
iSlate) e segundo a publicación The Hindu,
este novo dispositivo recibirÃa o nome de Adam, serÃa o primeiro trebello en
incorporar as prometedoras pantallas de Pixel Qi e porÃase á
venda no mes de xuño por 15.000 rupias (223,63 euros).
Adam funcionarÃa co sistema operativo móbil Android, serÃa capaz de reproducir
vÃdeo en alta definición, terÃa unha autonomÃa moi elevada e incluso poderÃa
competir cos lectores de e-books baseados en papel electrónico. Tamén contará
con sensores de luz ambiental e de proximidade, acelerómetro, GPS, compás
dixital, altofalantes, micrófono, cámara rotatoria de 3 MpÃxeles, unidade SSD interna
de entre 16 e 32 Gb e lector de tarxetas SD, e poderemos botar un ollo ao
produto durante o CES de Las Vegas, cando agardan amosar un prototipo bastante
avanzado.