O smartphone máis delgado do mundo é dun fabricante chinés

martes, 23 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Os fabricantes chineses están a conseguir comercializar smartphones cada vez máis potentes e con deseños máis atractivos, chegando incluso a adiantarse aos seus competidores coreanos e occidentais, como parece que está a conseguir Gionee co seu novo Elife S5.1, teléfono móbil baseando en Android 4.3 (con capa gráfica Amigo2.0) que presume de Record Guinness polo seu grosor de só 5,15 miímetros.
Pero este smartphone LTE non queda aí, senón que tamén conta cunhas prestacións máis que aceptables, cunha pantalla Super AMOLED de 4,8 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 400 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, cámaras de 8 e 5 Mpíxeles, Bluetooth 4.0, batería de 2.100 mAh, un peso de 100 gramos e un prezo de só 1.999 iuans (252,61 euros).

O grosor dun smartphone é bastante importante para o seu uso diario

PUBLICIDADE