O smartwatch Pebble Time completa o seu financiamento en Kickstarter en só 17 minutos
martes, 24 de febreiro do 2015
Probablemente o proxecto de máis sona en Kickstarter foi o smartwatch Pebble, que pode considerarse
como o único produto desta categorÃa en conseguir unha boa aceptación comercial
sen pertencer a unha grande compañÃa (de feito, posiblemente sexa o smartwatch máis vendido do mundo, con
máis dun millón de unidades vendidas dos seus 2 modelos) e adiantándose ao
lanzamento do Apple Watch volven á carga co novo Pebble Time, que supón toda
unha revolución por integrar unha pantalla de papel electrónico a cor, o que
permite que teñan até 7 dÃas de autonomÃa cunha única carga.
- O reloxo chega en 3 cores distintas
AÃnda que Pebble parece ter o músculo dabondo para poder comercializar este
produto directamente, a compañÃa decidiu repetir a xogada do micromecenado (dun
xeito un tanto polémico, xa que suponse que Kickstarter non é unha tenda de
produto, senón unha plataforma para potenciar o lanzamento de pequenos novos
proxectos) e buscar
xuntar 500.000 dólares nunha campaña en Kickstarter que conseguiu o seu obxectivo
en só 17 minutos, converténdose no proxecto de
Kickstarter que máis rápido superou o millón de dólares (42 minutos) grazas
á que as primeiras unidades do produto podÃan conseguirse por só 159 dólares
(cando o produto final custará uns 199 dólares).
Actualmente é posible facerse cun Pebble Time a través de Kickstertar por 179
dólares (157,75 euros), o que é un prezo moi atractivo, xa que o modelo con
pantalla monocromo custa actualmente 129 euros, e espérase que as primeiras
unidades do reloxo poida chegar aos seus mecenas no mes de maio, podendo o
usuario elixir entre 3 cores distintas de reloxo.
- O Pebble TIme inclúe un micrófono que dota ao reloxo de pulso da posibilidade de responder a notificacións mediante a voz ou mesmo para gravar notas sonoras
O novo reloxo de pulso tamén incluirá micrófono, facilitando a toma de notas de
voz ou enviar respostas de voz a notificacións (funcionalidade que en Android
funcionarÃa con centos de aplicacións, mentres que en iOS está limitada polo momento
á aplicación de Gmail). O Pebble Time é un 20% máis delgado que o Pebble
orixinal (quedando en nun grosor de só 9,5 milÃmetros), é resistente á auga e
aÃnda que vén cunha correa de silicona, é compatible con correas estándar de 22
milÃmetros (que poden intercambiarse en menos de 10 segundos).
A principal vantaxe dos reloxos Pebble é que son multiplataforma, e o novo
modelo será compatible con iOS 8 para terminais que partan do iPhone 4S e con
Android 4.x ou superior, de xeito que non son poucos os que prefiren apostar
por un produto deste tipo que casar cun dispositivo como o Apple Watch ou un
reloxo con Android Wear, pola liberdade de non quedar atado a unha plataforma
móbil en concreto. Amais, ao levar xa bastante tempo no mercado, a plataforma
de software de Pebble está bastante madura, e co Pebble Time incluso promete
grandes avances, de xeito que o produto resultará de utilidade dende o primeiro
dÃa, contando cunha nova interface para acceder a calendarios, alarmas e
aplicacións que promete unha grande velocidade de uso á vez que aproveita a
nova pantalla de cor para presentar unha aparencia renovada máis completa e
atractiva.
En menos dun dÃa a campaña de micromecenado do Pebble Time superou os 7 millóns
de dólares, polo que non serÃa de sorprender que en poucos dÃas pase a ser o primeiro
proxecto en volume de cartos achegados a través de Kickstarter (actualmente xa
está nunha máis que notable quinta posición).
VÃdeo de presentación da nova campaña de Kickstarter