O tablet de Notion Ink podería superar amplamente as prestacións do iPad

martes, 9 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Parece que o iPad vaino ter difícil coma dispositivo de lectura, pois vai ter que enfrontarse a grandes competidores coma o Adam de Notion Ink, do que temos falado con anterioridade, e que promete marcar un antes e un despois nos tablets, pois dende SlashGear confirman que este trebello que funciona cun chipset nVIDIA Tegra e conta cunha pantalla de Pixel Qi (que funciona tanto coma unha pantalla TFT coma nun modo semellante ao papel electrónico) sorteará as principais carencias do trebello de Apple, gozando dunha potencia de proceso superior que permítelle reproducir vídeo en alta definición (ata 1.080 liñas en progresivo) e incluso contando cunha autonomía bastante superior ao iPad.
Notion Ink estaría a pechar acordos con editores de revistas, libros electrónicos e comics para comercializalos para o seu Adam, aínda que polo momento non dan detalles, aínda que agárdase que no Mobile World Congress de Barcelona poderemos saber máis deste prometedor trebello que, entre outras cousas, podería ser compatible coa tecnoloxía Flash de Adobe.

PUBLICIDADE