O tablet transformable de Asustek chega con pantalla de alta definición
luns, 25 de xuño do 2012
Durante a pasada edición do CES de Las Vegas anunciouse que
o popular tablet de Asustek, o Transformer Prime, ía contar cunha versión con
tecnoloxía nVIDIA Tegra 3 que destacaría por
contar cunha pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200
píxeles, e finalmente o Asus Transformer Prime TF700T (tamén coñecido como
Transformer Infinity TF700) está a converterse nunha realidade, desembarcando
nas vindeiras semanas no mercado norteamericano por un prezo que parte dos 499
dólares. Este tablet é unha importante mellor do Transformer Prime orixinal
(famoso polo teclado externo que o converte nunha especie de portátil á vez que
incrementa a súa autonomía), que agora conta cun procesador de 4 núcleos, 1 Gb
de RAM, 32/64 Gb de almacenamento interno, cámaras de 8 e2 Mpíxeles, saída
micro-HDMI, porto USB 2.0, lector de tarxetas SD, só 8,5 milímetros de grosor e
un peso de 598 gramos.
Este novo equipo pode
considerarse como máis que unha actualización da familia Transformer Prime,
pois gozar dunha pantalla de alta definición permítelle competir con outros
tablets sen grande problema (aínda que sen superar a pantalla Retina do novo
iPad) e incluso poder medirse con ordenadores persoais (aínda que o seu sistema
operativo diste de ser óptimo para un ordenador).
- O seu teclado externo pode converter o TF700T nunha sorte de ordenador portátil