O teléfono por satélite máis pequeno do mundo

luns, 13 de novembro do 2006 Marcus Fernández

A xente cando pensa nos teléfonos por satélite sempre lle vén á memoria uns dispositivos de grande tamaño, que semellarían ladrillos comparados cos móbiles actuais, pero a cousa pode cambiar cos novos terminais de Globalstar, que son máis pequenos e lixeiros.
Os novos GSP-1700 son teléfonos móbiles por satélite que operan nunha rede con cobertura en máis de 120 países e que pesan 203 gramos (a metade do que pesan os móbiles dos seus competidores) e cunhas dimensións de 13,5 x 5,5 x 3,7 cm. (que serían o 45% do volume doutros terminais).
Estes terminais teñen unha autonomía de 4 horas en conversa e 36 horas en espera.

PUBLICIDADE