O venres estréase un documental do Real Madrid para Apple Vision Pro
mércores, 20 de maio do 2026
O pasado mes de novembro Eddy Cue visitou o estadio Santiago Bernabéu, onde tivo un encontro con Florentino Pérez no que aproveitaron para anunciar unha colaboración entre Apple e o Real Madrid para a produción dun documental inmersivo para Apple Vision Pro.
Esta peza audiovisual captado con máis de trinta cámaras Blackmagic URSA Cine Immersive permite achegar unha visión inédita tanto do terreo de xogo como do que acontece por detrás, grazas á sensación de inmersión que poden aportar os visores de realidade virtual, que para moitos serÃa o anticipo do concepto de Bernabéu Infinito que defende Florentino, e que se corresponde coa posibilidade de vivir a experiencia dun partido dende a casa como se estivese no estadio, pero sen limitacións de capacidade nin de distancia.
Tras varios meses de espera, anuncian hoxe que este venres estrearán o documental Real Madrid: The Weight of Greatness, que introducirá ao espectador dun xeito inmersivo nun dÃa de partido da Champions. A peza audiovisual ten unha duración de pouco máis de 20 minutos e intercala imaxes de acción sobre o terreo de xogo con entrevistas centradas no club. Conta coa presenza de figuras como Kylian Mbappé, VinÃcius Junior, Jude Bellingham e Thibaut Courtois, e pese a que estamos ante unha produción sobre un club español, non podemos ignorar o feito de que o dispositivo preciso para a súa reprodución (Apple Vision Pro) segue sen comercializarse en España, polo que a meirande parte do público potencial deste breve documental quedará sen a posibilidade de gozar de tal experiencia.
Tráiler do documental
