O vindeiro venres Betabeers despide o ano en Compostela

luns, 10 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Máis de 30 persoas acudiron á cita de Betabeers GaliciaO vindeiro venres o serie de encontros baixo a marca Betabeers Galicia chegan á súa 5ª edición no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, enclave elixido para que este encontro de desenvolvedores de aplicacións móbiles e web despedirán o ano cunha sesión formal que terá lugar de 19:15 a 21:00 horas, tras a que trasladarán a xuntanza ao Restaurante de Carmen, no nº 9 da rúa Arribadas (Conxo), para favorecer o networking entre os asistentes.
Este V Betabeers Galicia comezará cun obradoiro de desenvolvemento de aplicacións para o WebTV de Blusens a cargo de Pablo Rodiz, ao que seguirán un par de presentacións de proxectos: por unha banda, Adrián Moreno Peña vai presentar PlotSpot, un proxecto desenvolvido por Zadia Software do que demos conta no seu día; e David Chaves presentará o Grupo de Usuarios Lean/Kanban de Galicia (GaGULeKa) cun micro obradoiro de Push vs Pull que, utilizando o xogo dos avións, demostrará as diferencias entre os sistemas de produción push e pull.