O xogo na nube de Microsoft inicia as súas probas en España
martes, 5 de maio do 2020
A
versión preliminar de Project xCloud xa é unha realidade en España, de
xeito que os usuarios inscritos a esta fase de proba poden xa gozar do xogo na
nube de Microsoft, que facilita o acceso a numerosos xogos para Xbox One dende
unha aplicación para Android que funciona tanto a través de Wi-Fi como mediante
banda larga móbil (en contraste con outras plataformas semellantes, que esixen
conexións cunha latencia moi reducida).
Esta aplicación podÃa empregarse previamente para xogar en remoto á nosa consola
doméstica, pero agora pode empregarse tamén para gozar do xogo na nube,
facilitando asà que poidamos xogar a grandes tÃtulos dende calquera lugar cunha
boa conexión á Internet.
Para que o control dos xogos de Xbox One no móbil sexa bo recoméndase o uso de
mandos sen fÃos de Xbox One (que nos últimos anos incorporaron conectividade
Bluetooth, de xeito que poden empregarse en smartphones e tabletas. A propia
Microsoft recomenda a compra dunha pinza
de xogo para o mando de Xbox One que facilite a colocación do noso smartphone
sobre o gamepad de Xbox One, conseguindo asà unha experiencia moi
semellante ao xogo tradicional, pero gozando das bondades do xogo na nube.
Entre os xogos compatibles con Project xCloud están tÃtulos como Batman –
The Enemy Withing, Brothers, Conan Exiles, Destiny 2, Devil
May Cry, Dirt Rally 2.0, Farming Simulator 17, Forza
Motorsport 7, Gears 5, Halo 5, Hellblade: Senua’s
Sacrifice, catálogo que irá modificándose paulatinamente para ofrecer xogos
que noutras condicións serÃa imposible que puidesen correr nun smartphone. Tamén
se comenta que é bastante probable que o catálogo de xogos de Xbox Game Pass estea
dispoñible a través deste novo servizo de streaming, conseguindo que asÃ
o servizo de subscrición de xogos teña máis sentido que nunca.
- Con Project xCloud podemos xogar no móbil tÃtulos reservados inicialmentemente a consolas Xbox One