O2 comeza a ofrecer móbiles a prazos

venres, 4 de novembro do 2022 Marcus Fernández

O operador móbil de baixo custo de Telefónica, O2, sorprende ofrecendo aos seus clientes de tarifas converxentes de fibra e móbil dispositivos móbiles sen permanencia baixo a modalidade de aluguer Rent to Rent en 48 meses, ou sexa, que tras pagar 48 mensualidades será posible facerse co dispositivo en propiedade por 1 euro, mentres que de querer devolvelo antes haberá que pagar unha penalización (que será da parte proporcional das cotas que queden por pagar cunha valoración do terminal entre o 30% e o 60% do seu prezo total).
A oferta de dispositivos é bastante completa, con dispositivos como un iPhone 13 por 20,5 euros/mes, un iPhone 11 por 12 euros/mes, un Oppo Find X5 Lite por 10,1 euros/mes, un Samsung Galaxy A53 5G por 8,7 euros/mes ou un Xiaomi Redmi 10C por 3,7 euros/mes.

PUBLICIDADE