ONO ofrecerá en breve conexións a 500 Mbps

luns, 2 de setembro do 2013 Redacción

Rosalía Portela, conselleira delegada de ONO

Durante o XXVII Encontro de Telecomunicacións da UIMP do que xa avanzamos algúns detalles, a conselleira delegada de ONO, Rosalía Portela, adiantou que a súa compañía vai lanzar “nas vindeiras semanas” unha oferta de 500 Mbps para os seus clientes de alta velocidade, que ata o momento ofrecía conexións de ata 100 Mbps a particulares e ata 200 Mbps a PEME. Para estas novas velocidades o operador de telecomunicacións empregaría HFC, unha tecnoloxía híbrida entre fibra óptica e cable coaxial da que é de agardar que dean máis detalles nos vindeiros días.
Portela destacou que actualmente a metade dos seus usuarios recibe un servizo de acceso á Rede con velocidades superiores aos 30 Mbps. ONO tamén está a actualizar a súa oferta de servizos cuns prezos que permitan competir cos Movistar Fusión Fibra.

PUBLICIDADE