Oculus Quest 2 recibe unha importante actualización

venres, 13 de novembro do 2020 Marcus Fernández

Tras un mes nas tendas o casco de realidade virtual Oculus Quest 2 recibe unha importante actualización, que como principal novidade ten a activación oficial do refresco de 90 Hz da súa pantalla interna, de xeito que as aplicacións e xogos terán un desempeño máis fluído, ofrecendo unha mellora visual.
A versión 23.0 de Quest inclúe moitas outras melloras, como a posibilidade de tirar proveito da das ordes de voz dende o casco de realidade virtual; a incorporación dun sistema de puntuación automático que entrará en funcionamento cando empreguemos o ditado por voz; unha redución da latencia do sistema de realidade virtual; e incluso novas posibilidades para a retransmisión da pantalla que estamos a ver en VR. Podemos entender que con esta primeira grande actualización o casco de VR sen fíos consegue quedar á altura das promesas iniciais de Oculus, principalmente por poder ofrecer unha experiencia de uso cada vez máis frenética.

PUBLICIDADE