Oleiros abre este mércores o prazo de inscrición dos cursos sobre móbiles para maiores

luns, 28 de marzo do 2022 S. P.

O mércores 30 de marzo abre o prazo de inscrición para os cursos de alfabetización dixital para persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. Estes obradoiros teñen como obxectivo “o manexo do móbil dun xeito xeral e coñecemento dos seus usos principais”.
Organizaranse varios cursos ata finais de ano. Cada un deles terá unha duración de 12 sesións de 2 horas.
Haberá varios prazos de inscrición. O primeiro será os días 30 e 31 de marzo. As persoas interesadas en participar deberán chamar ao 981 610 000 en horario de 16.00 a 19.00 h. O prezo desta actividade é de 6 euros por persoa.

PUBLICIDADE